Un pouco da nosa historia…

1961: créase a Sociedad, coa intención de cubrir as deficiencias do pobo de Sada no ámbito cultural, social e deportivo. Empeza a súa andaina con 516 socios. Póñense en marcha clases de alfabetización para adultos impartidas por socios licenciados en distintas materias; créanse equipos de balonmán e baloncesto, dáse forma á biblioteca e ponse a disposición dos socios prensa rexional e nacional. Tamén teñen lugar concertos, obras de teatro , e mesas redondas e conferencias sobre temas de actualidade.

1962: iníciase a construción do local social na Rúa da Praia.

1975: a vontade, o sacrificio, as achegas persoais, materiais e económicas de todas/os, fixeron posible a inauguración do Edificio Social, cun proxecto orixinal do prestixioso arquitecto D. Andrés Fernández-Albalat Lois. A partir dese momento, proliferan ciclos de conferencia, e mesas redondas para a presentación dos partidos políticos e sindicatos que van iniciar a andaina da nosa democracia, coa participación de coñecidos líderes rexionais e nacionais. Créase a Coral Polifónica de la Sociedad e a Escola de Baile Galego e Gaita, e a Escola de Música. Celébranse sesións de teatro e créase un grupo de teatro propio.

1980: adquírense os terreos deportivos, co obxecto de dispoñer de instalacións suficientes para as distintas escolas deportivas.

1989: iníciase a construción de novas instalacións para as práticas do tenis e o fútbol.